CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

As Macizas Centrais, dos cantos de taberna do Courel á Foliagra da Coruña

Logo dun inverno cheo de música, o grupo trivés das Macizas Centrais seguen percorrendo nesta primavera Galicia cos seus cantos de tabernas. Así o 29 de abril participaban nos I Cantos de Taberna do Courel, que incluía dúas rutas e un total de dez establecementos de hostalaría. Así tocaban en lugares como Seoane e Ferreirós de Abaixo.

Esta iniciativa musical estaba promovida pola Asociación Xuvenil Buraca das Grellas (Teixeira do Courel) e pola Asociación A Toca (Seoane). Nestes cantos tamén participaban grupos de Quiroga como Os Palletas e do Courel como Pingallomoco.

Un mes despois, o 10 de xuño, as Macizas Centrais desprazábanse ata a costa para sumarse á III Foliagra das Tabernas na Coruña. Nela eran de novo a única representación ourensá nun total de nove grupos: Tombalobos, Xirandela, Lembranzas de Bergantiños, Reviravolta, Birloque Gaiteiros, Cantareiros do Naval, As Maghúas e Ozáns.

Nesta ruta de cantos participaban 12 locais e desenvolvíase entre as 12:15h. e as 15h. Pola tarde, a partires das sete tiña lugar na praza das Conchiñas unha foliada na que tamén actuaba o grupo trivés.

Nesta galería de fotos poden verse imaxes das actuacións do Courel e tamén da Coruña. As fotos son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button