CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

As Macizas Centrais, único grupo ourensán nos Cantos de Taberna de Monterroso

Na quinta edición deste encontro participaban 26 formacións musicais de diferentes puntos de Galicia

Moita música, ritmo, cantos e, sobre todo, un ambiente magnífico. Así se desenvolvía a quinta edición do Encontro Gaiteiro e de Cantos de Taberna de Monterroso (Lugo) ao longo da xornada do 11 de marzo. Dos 26 grupos participantes nesta cita que transitaba por uns vinte locais, tan só un era da provincia de Ourense: As Macizas Centrais da Pobra de Trives.

Ademais no seu percorrido polos bares, a formación trivesa estivo acompañada polo grupo Os Pedras Miúdas (de Cee). O cartel destes cantos de taberna de Monterroso tamén incluía nesta ocasións os nomes de A Fonte de Merlón, Acordeóns de Vila de Cruces, Airiños da Frocha, Cantareiros da Unión, Chorimas, Dióptricos, Doentes, Entre Lusco e Fusco, Falcatrueiros, Fiadeiro, Folquiada, Gaiteiros do Bolado, Maruxeir@s, Nubeiro, Os Corenta e Chinco Boys, Os Trasnos de Doade, Palacio do Rei, Pana Raiada, Ponte da Prata, Río Miño, Silbarda, Vide Preto e VouVirVorVer.

Fotos cedidas.

 

Membros do grupo trivés As Macizas Centrais que acudían a Monterroso.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button