Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Magdalena Valerio (PSOE) asegura que “Ourense necesita un cambio e un impulso”

A ministra de Traballo en funcións visitou a cidade das Burgas acompañada polo candidato socialista á alcaldía, Rafael R. Villarino

A creación de emprego e o impulso ao termalismo son dúas das apostas máis importantes do PSdeG-PSOE para a cidade de Ourense. Por iso elixían o entorno das Burgas para reunirse, na mañá do 22 de maio, coa ministra de Traballo en funcións e  deputada por Guadalaxara Magdalena Valerio, quen chegaba á cidade acompañada polo líder dos Socialistas de Galicia Gonzalo Caballero, para arroupar ao candidato á alcaldía, Rafael Rodríguez Villarino.

Lembrando a súa visita a Termatalia hai xa unha década, a ministra asegurou que “Ourense necesita un cambio e un impulso”, lembrando ao candidato que “tes que ganarte a confianza da maioría da cidadanía para ser o próximo alcalde desta gran cidade, cun bo equipo, traballando con proximidade, con transparencia e honradez que é como debemos gobernar os bos socialistas. Hai que loitar por un futuro mellor. Temos que conseguir que haxa máis emprego e de mellor calidade”, dixo, xa que “cada vez que unha persoa vai ao paro ou permanece un tempo desempregada”, prodúcese un “drama humano”. Nesa liña, puxo en valor o traballo realizado polo Goberno socialista nos últimos dez meses abogando por eliminar os aspectos máis lesivos da reforma laboral. “Temos que apostar por un novo estatuto dos traballadores do século XXI”, dixo.

 

A ministra de Traballo en funcións tocando a auga das Burgas.

 

Na súa intervención destacou a importancia de “garantir un sistema público de pensións” para que “sexan sostibles socialmente”, aproveitado para lembrar que “Ourense é unha provincia na que máis dun tercio da poboación (100.000 habitantes) cobra alguna pensión contributiva do sistema público”. Por último, citou tamén o reto demográfico, antes de recoñecer que “vai sendo hora de que o Partido Socialista goberne a Deputación de Ourense para acabar co nepotismo e o caciquismo”.

O candidato socialista á alcaldía de Ourense Rafa Villarino pola súa banda, asegurou que tralos resultados das eleccións de abril, “a cidade falou con claridade demostrando que xa non está oprimida, é consciente de que estaba comprimida e comezará a expandirse. E farao da man do único partido que lle pode prestar os recursos suficientes para facer realidade os nosos proxectos, que é o partido socialista”. Para iso, asegurou que pedirán “nesta ocasión, unha discriminación positiva ao Goberno central”, lembrando que “non somos conformistas e imos defender á cidadanía, poñendo ademáis recursos como é o termalismo”.

 

Un momento da visita dos socialistas, na praza Maior de Ourense.

 

Con respecto a Gonzalo Caballero “o secretario xeral que máis veces estivo nesta provincia, nesta cidade”, en palabras de Villarino, comezou a xornada electoral na cidade das Burgas, chamando a unha mobilización “masiva” a favor do PSdeG nas próximas eleccións municipais que permitirá ao candidato socialista “recuperar a alcaldía de Ourense e abriría as portas da Deputación logo de 31 anos de gobernos ininterrompidos polos Baltar. Pediu aos veciños de Ourense “que non queden na casa e voten polo PSOE, que representa o futuro” para a cidade e a provincia. “Para saír da irrelevancia política”, concluíu, “Ourense necesita un alcalde socialista que teña contacto directo co goberno de España, e necesita marcar un novo tempo político na Deputación provincial”.

Na visita a Ourense, a titular de Traballo conversou ademais con varios colectivos que lles trasladaron as súas demandas, entre eles, traballadores dunha empresa de telefonía ante a ameaza de peche da sede que ten na zona; e representantes dunha asociación de autónomos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close