CulturaCulturaÚltima hora

Maggie Woods, escritora trivesa: “Nacido para morir é o meu primeiro libro, escribira cousas antes pero nunca tan largas”

A presentación da súa obra terá lugar hoxe, 2 de xullo, no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives

A escritora trivesa Maggie Woods, presenta hoxe, día 2 de xullo o seu libro “Nacido para morir”, ás 20:30 horas no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives. “É o meu primeiro libro, escribira cousas antes pero nunca tan largas”, afirmaba. Ademais, xa está traballando na segunda parte.

 

Portada do libro.

 

Esta escritora de orixe catalán, pero que leva dende os once anos na Pobra de Trives, explicaba que “a historia comeza con algo que lle podería pasar a calquera, un rapaz que se muda e non ten amigos, polo tanto abúrrese, pensa que a súa vida vai ser un aburrimento a partir de ahora, xa que é un pobo pequeno. Pero resulta que non, xa que ese pobo esconde moitos segredos e vai ter máis emocións das que pensa. Ao final vese metido en algo que lle queda un pouco grande”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información sobre a presentación do libro en: https://www.osil.info/a-trivesa-monica-alvarez-presenta-o-seu-libro-nacido-para-morir-no-auditorio-julio-vazquez/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close