CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Magín Blanco e A Banda das Apertas enche de música e animación o Teatro Lauro Olmo do Barco

A actuación do cantautor rues tiña lugar na tarde do 16 de setembro, no marco das Festas do Cristo 2019

 

Estaba prevista na praza do Sagrado pero as previsións meteorolóxicas adversas obrigaban a trasladala ara o Teatro Lauro Olmo, o que non foi un impedimento para que nenos e maiores desfrutaran da música e o espectáculo de Magín Blanco e a Banda das Apertas.

Así na tarde do 16 de setembro, derradeiro día das Festas do Cristo, o cantautor rues achegaba ao público barquense un divertido e animado espectáculo no que a súa música, especialmente a incluída nas aventuras de A nena e o grilo, conviven con outras coñecidas cancións que o público recoñece da música contemporánea. De feito era un tema dos Beatles o que servía á banda formada por Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal, Jerry Noia e Suso Rodríguez (tamén da Rúa) para comezar o concerto no que facían partícipes aos máis pequenos do público. Non só coas cancións senón con personaxes que ían aparecendo ao longo da actuación como “Ramón, o bibliotecario”.

Co espectáculo lúdico-educativo para todos os públicos de Magín e a Banda das Apertas o programa cultural das Festas do Cristo 2019 baixaba o pano.

 

O contrabaixo da Banda das Apertas nun momento da actuación, no Barco.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button