CulturaCulturaMúsica

Magín Blanco estrea un novo videoclip do seu traballo “Camiños”

O cantautor valdeorrés celebra a volta ao colexio co tema “Este planeta é divertido”
O cantautor rues Magín Blanco.

Coincidindo co comezo de curso en Educación Infantil e Primaria, o cantautor rues Magín Blanco estreaba un novo vídeoclip extraído de “Camiños” o seu derradeiro libro-disco: “Este planeta é divertido”.

Xunto ao ilustrador Leandro Lamas, Magín presenta un libro-disco e un espectáculo teatral, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios, unha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada musica de Magin, os mozos lectores atópasen claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional. “Camiños” é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos.

Un libro de 68 páxinas (tapas duras e papel offset), un CD con 13 cancións orixináis (das que destaca a xa publicada “Marcho que teño que marchar”) e contos e poemas de Carlos Meixide, Víctor F. Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Marta Somoza, María Lado, Antonio García Teijeiro e Eva Mejuto.

 

Fotograma do videoclip “Este planeta é divertido”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close