CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O Mago Teto pon o broche á festa do Samaín/ Halloween no CEIP Julio Gurriarán do Barco

A actuación estelar do ilusionista estivo patrocinada pola ANPA Aturuxo

Máis especial que nunca foi este ano a celebración do Samaín/ Halloween no CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, cunha divertida e máxica festa celebrada na mañá do 31 de outubro.

Coma sempre houbo disfraces “terroríficos”, música e a tradicional exposición de cabazas, pero este ano ademais houbo unha actuación moi especial. Da man da ANPA Aturuxo, o Mago Teto achegouse ata o salón de actos do centro barquense para ilusionar e emocionar aos pequenos, en dúas sesións. A primeira estivo dirixida aos alumnos de Infantil, 1º e 2º de Primaria que atenderon entusiasmados; e a segunda aos de 3º, 4º, 5º e 6º xa con truco de maxia máis complexos e toques “de humor sobre Cataluña e bromas tamén cos profesores”, explican dende a ANPA.

No decurso da animada mañá, tamén se entregaron os premios do concurso de relatos e poemas de medo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button