ConcellosÚltima hora

Magosto do San Martiño en Viloira

Celebrarase o 11 de novembro a partires das seis e media da tarde
Cartaz do magosto.
Cartaz do magosto.

A praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) converterase na tarde do 11 de novembro en escenario do tradicional magosto do día do San Martiño. A celebración comezará a partires das 18:30h. e nela poderán degustarse castañas asadas e viño.

Ademais, o ambiente estará animado pola actuación do grupo La Oca, “que non puidera facelo o último día das Festas do Cristo, ao terse suspendido o baile e a verbena por mor do temporal”, tal e como se informa dende o Concello do Barco que organiza este magosto en colaboración cos veciños de Viloira.

Artigos relacionados

Back to top button