EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Magosto e concurso de doces, en Vilamartín

Numerosos veciños de Vilamartín rendían culto á castaña no Magosto desta localidade, que comezaba a partires das seis da tarde deste 1 de novembro e cuxa entrada custaba 2 euros. Ademais das castañas asadas, podían degustarse bolos preñados, acompañados de viño. Como complemento, nesta edición organizábase un concurso de doces.

Malia que nun principio estaba previsto que a celebración tivese lugar na praza, debido á choiva finalmente trasladábase ao Centro Cultural de Santa Lucía. Este Magosto estaba organizado polos Coveiros de Vilamartín, o Folión Os Viticultores, polas Mulleres Rurais Cima de Vila e polo Concello.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button