CulturaCulturaÚltima hora

Magosto en Cerdeira (San Xoán de Río), con sobremesa musical e regueifeira

Contarase con Sofía Tarela (Gharota da Ribeira),  Ari de Cerdeira, o cantante e escritor Xurxo Souto, o acordeonista Manolo Maseda, o rumbeiro Víctor Mordecán e a performace poética de Sofía de Labañou

 

Deliciosa cita coa tradición e a gastronomía o vindeiro 3 de novembro en Cerdeira. Ao mediodía esta localidade de San Xoán de Río celebrará o seu magosto cun xantar popular a base de empanada, chourizos, pan, bica, castañas e viño. O prezo do menú custará 10 euros (para os nenos será de balde).

A festa continuará despois cunha “sobremesa musical e regueifeira” presentada por Sofía Tarela (Gharota da Ribeira) e coa presenza de Ari de Cerdeira, o cantante e escritor Xurxo Souto, o acordeonista Manolo Maseda, o rumbeiro Víctor Mordecán e a performace poética de Sofía de Labañou.

Este Magosto será organizado pola Asociación Cultural Santa María Madalena de Cedeira coa colaboración da Asociación Cultural RíoMola e do Concello de San Xoán de Río.

 

Cartel deste magosto en Cerdeira.

 

Artigos relacionados

Back to top button