ConcellosÚltima horaVilamartín

Magosto en Valencia do Sil (Vilamartín), o sábado 6 de novembro ás sete da tarde

Está organizado pola Asociación San Bernabé que se atopa en proceso de constitución e xa leva máis dun mes facendo asctividades na casa da escola

 

No tempo de magostos e unha vez recuperada certa normalidade, ningún pobo quere quedar sen o seu, celebrándose esta tradicional festa ao longo e ancho da comarca de Valdeorras. Algúns xa se celebraron e outros están previstos para os vindeiros días.

É o caso de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras) que celebrará o seu particular magosto o vindeiro sábado 6 de novembro ás 19 horas na casa da escola. Segundo as entradas vendidas espérase a unhas 55 persoas que poderán degustar un menú a base de empanada, bolo preñado, castañas asadas, postre e bica. Tamén se sorteará unha bandexa decorativa feita artesanalmente (venda de rifas martes e xoves de 16:30 a 18 horas na casa da escola).

O evento está organizado pola Asociación San Bernabé (patrón de Valencia do Sil) que está en proceso de constitución e que xa leva máis dun mes facendo actividades (manualidades, pintura, entretemento en xeral) os martes e os xoves. A asociación contará con catro persoas na directiva: Juan, Carmela, Paco e Begoña. Aquí podemos ver algúns dos traballos realizados ata o momento:

 

 

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button