ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Magosto en Vilanova organizado pola asociación cultural O Mosteiro

A localidade barquense acollía a festa popular na tarde-noite do 31 de outubro

Por segundo ano consecutivo dende a entrada da nova directiva, a asociación cultural O Mosteiro organizaba o magosto popular en Vilanova (O Barco), na tarde-noite do sábado 31 de outubro.

A festa tiña lugar na praza do pobo valdeorrés e contou coa asistencia de xente de tódalas idades que, ademais das castañas asadas, disfrutou dunha boa merenda a base de pan, chourizos, e todo tipo de refrescos, entre outras cousas.

Fotos cedidas pola Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova.

Artigos relacionados

Back to top button