CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Magosto e música en directo, esta fin de semana no Ruxe Ruxe de Quiroga

Gamuza e DJ Míchel porán son á Festa de San Martiño, mañá 11 de novembro
O trío ourensán Gamuza.

Esta é sen dúbida a fin de semana dos magostos e na cervexería Ruxe-Ruxe de Quiroga, súmanse á celebración cunha festa especialmente adicada ao San Martiño. Para o venres e o sábado, facendo unha chiscadela ao OctoberFest, convidan a salchichas coa cervexa de promoción da fin de semana; e mañá, sábado día 11 terán magosto e música en directo co grupo Gamuza e co DJ Míchel (Discoteca Lor).

Gamuza é un trío ourensán de versións que combina o pop (Radio Futura, La Guardia…) cun repertorio rock & roll clásico (Dire Straits, Status Quo…), sen renunciar a temas máis actuais (Fito & Fitipaldis, Spin Doctors…). O concerto será a partires da media noite.

 

Cartel da Festa do San Martiño no Ruxe Ruxe de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button