ConcellosÚltima hora

Magosto na praza de Viloira, na tarde do 11 de novembro

Ademais de degustacións e música, o programa deste ano inclúe unha mostra sobre “O Magosto e o Samaín, personaxes de medo na cultura galega”, entre outras novidades

A praza Otero Pedrayo de Viloira acollerá, un outono máis, a tradicional celebración do magosto no Barco. Será o propio día de San Martiño, 11 de novembro, a partires das sete da tarde. Ademais de degustacións de castañas asadas, o ambiente estará animado por agrupación tradicional Amencer.

Unha das novidades desta edición é que o programa incluirá a partires das 21:30h. será un “correfoc” a cargo da Associació Cultural Ball d’Enveja de Vilanova i la Geltrú (Barcelona). Tamén ás 23h. haberá un concerto dos Mecánicos.

No marco do programa do magosto está asemade prevista a exposición “O Magosto e o Samaín, personaxes de medo na cultura galega”, elaborada por alumnos de primaria do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button