CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Magosto popular e actuación do grupo Assia en Trives, o 13 de novembro

Imaxe dunha actuación do grupo Assia en Trives.

 

Na tardiña do vindeiro sábado 13 de novembro o Concello da Pobra de Trives organizará, a partir das 19:30h., un magosto popular que incluirá degustación de castañas, chourizos, viño e Bica de Trives. Ademais estará amenizado polo Grupo Assia.

Este será ademais o broche gastronómico e festivo dunha andaina moi especial que terá lugar pola mañá. Trátase dunha marcha templaria xacobea e contra a violencia de xénero a partir das 11h. O Orfeón Trivés recibirá aos camiñantes que previamente deben anotarse na oficina do GDR.

 

 

“Comenzaremos unha marcha polo Camiño Augas Sacras acompañados de un grupo de 40 templarios con una reivindicación: amosar o rexeitamento contra as violencias de xénero e dar a coñecer o noso camiño. Trátase de unha actividade en colaboración co GDR Sil-Navea-Bibei e a Xunta de Galicia”, adiantan dende o Concello de Trives.

A marcha na súa totalidade será gravada mediante drons para posteriormente poder difundila. Á chegada a Santa Leonor, terá lugar unha conexión en directo con todos os puntos de Galicia dos distintos GDR e unha degustación de productos locais.

 

Artigos relacionados

Back to top button