DeportesÚltima hora

Mailén Aller (Peña Trevinca Barco) acada o 5º posto do ranking nacional de orientación na categoría F12

É unha das orientadoras que participou nos “5 días de España de Orientación” celebrados na provincia de Soria
A deportista do Club Peña Trevinca Barco, en plena competición. /Foto: Wolf-O Training.

Máis de 1.500 deportistas de clubs españois, franceses, italianos e finlandeses participaban nos “5 días de España de Orientación” celebrados en distintas localidades de Soria. Trátase dunha competición formada por probas puntuables para a liga nacional de España, e algunha tamén para a liga mundial (WRE- World Ranking Event), disputada entre o 6 e o 10 de xullo, que contou coa asistencia de varios orientadores do Club Peña Trevinca Barco.

Nunha das probas de orientación máis importantes de España, a xove promesa do club valdeorrés Mailén Aller Pfirter, colleitaba un 4º, dous 5º e un 15º posto logrando situarse no 5º do ranking nacional na categoría F12, confirmando así o seu bo estado de forma. Sen dúbida unha motivación para seguir participando na liga nacional nos vindeiros meses co obxectivo de “poder chegar ao terceiro posto a nivel nacional, visitando as provincias de Castellón (Barracas), Zaragoza (Cariñena), Cadiz (Camp. de España) e Portugal (Penamacor, Camp Ibérico)”, avanzan orgullosos dende o club.

Artigos relacionados

Back to top button