DeportesÚltima hora

Mailén Aller (Peña Trevinca Barco) triunfa na proba da liga nacional de orientación celebrada en Castellón

A xove orientadora valdeorresa (F12) dominaba nas probas de distancia media e sprint

 

A novísima Mailén Aller Pfirter vén de colleitar un novo triunfo na liga nacional de orientación. Desta volta, na proba celebrada en Barrancas, El Toro (Castellón) “Trofeo Alto Palancia” na pasada fin de semana.

A deportista valdeorresa do club Peña Trevinca Barco (F12), dominaba na distancia media cunha axustadísima vantaxe de 6 segundos sobre a segunda clasificada; e tamén na proba sprint. Na última proba, de distancia longa obtiña un segundo posto detrás da atleta albacetense, Sandra Muñoz. Mailen sitúase así nunha boa posición para facerse con algún dos postos de podio no campionato de España de orienfacion a pé.

A competición regresará ao ámbito autonómico coa celebración en Forgoselo (As Pontes de García Rodríguez), da 5ª proba da liga galega de orientación a pé o vindeiro sábado 14 de setembro. Ao día seguinte, domingo 15 de setembro, celebrarase a nivel provincial a Copa Deputación, no Malecón do Barco de Valdeorras.

 

Mailén Aller nunha proba da Copa Deputacón de orientación, no Barco de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button