ConcellosO BarcoÚltima hora

Maio, mes do cine en galego no Barco

O Teatro Lauro Olmo acollerá a proxección de diferentes filmes galegos, entre eles "Cuñados", con produción petinesa

Carteleira do Teatro Lauro Olmo do Barco, coas películas que está previsto que se proxecten en maio.

 

O Cine Club Groucho Marx vén de facer pública a súa proposta cinematográfica para este mes de maio no Barco, cunha carteleira cuxos protagonistas serán os filmes galegos. Así no Teatro Lauro Olmo proxectáranse ao longo deste mes: “Longa Noite” de Eloy Enciso (os días 8 e 9), a comedia “Cuñados” (13, 15, 16 e 17 de maio), dirixida por Toño López e con produción executiva petinesa da man de Alfonso Blanco); “A galiña Turuleca” (15, 16 e 17 de maio), “Nación” de Margarita Ledo (días 20 e 23 de maio) e “Olvido e León” de Xavier Bermúdez (os días 23 e 30 de maio).

 

Artigos relacionados

Back to top button