SanidadeÚltima hora

A maioría das plantas do novo edificio do CHUO xa están operativas

Hoxe trasladáronse os pacientes de Cirurxía Xeral e mañá trasladaranse os de Traumatoloxía
Entrada ao novo edificio de Hospitalización. // Foto: Carlos Asensio.

Co traslado hoxe, 17 de novembro, pacientes ingresados no Servizo de Cirurxía Xeral, e mañá dos de Traumatoloxía, a ocupación do novo Edificio de Hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) encara xa o remate do proceso de traslado, coas plantas segunda, terceira, cuarta, quinta, sexta e sétima xa ocupadas e con portas e accesos abertos.

No traslado programado para estes días, a Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense prevee desprazar, ás súas novas habitacións, ao redor de 160 pacientes, co que serán xa preto de cincocentas as persoas hospitalizadas nas novas instalacións, en concreto dos servizos de Medicina Interna, Neuroloxía, Neurocirurxía, Hematoloxía, Endocrinoloxía, Neumoloxía, Cirurxía Xeral e Traumatoloxía.

Asemade, o Plano de Traslados inclúe reaxustes internos, dentro do edificio Cristal, como o previsto esta tarde de Cirurxía Vascular que pasará da ala esquerda á dereita da cuarta pranta, na procura, neste caso, de facilitar as circulacións internas, e en conxunto destinados a posibilitar distintos traballos de adaptación das instalacións, previas á reubicación dos servizos de hospitalización que permanecerán neste edificio, no que o Servizo Galego de Saúde realizará en breve unha fonda renovación e modernización.

Portas e accesos abertos

Desde o pasado día 10 de Outubro, o novo Edificio de Hospitalización mantén súas portas e accesos abertos, facilitando a chegada ou recollida de usuarios e visitantes, con acceso de vehículos desde a rúa Cruceiro Quebrado, con sentido único e saída a Rúa Ramón Puga, rodeando o Edificio Cirúrxico polo víal interno.

Ademais deste acceso mantense o acceso habitual, pola entrada principal do Cristal, e o tráfico de vehículos polo interior do recinto hospitalario, cara ao resto de edificios, mantense como ata agora.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close