ConcellosÚltima hora

Máis bicicleta, menos coche no Barco

O Concello organizará actos con motivo da Semana Europea da Mobilidade os días 17 e 18 de setembro
Presentación dos actos da Semana Europea da Mobilidade no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Presentación dos actos da Semana Europea da Mobilidade no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Un ano máis o Concello do Barco súmase á iniciativa europea da mobilidade con actividades orientadas a incentivar o uso da bicicleta e diminuír o do coche, no núcleo urbano. Por iso o acto central será a bicicletada “O Barco sen coche” prevista para o mércores 18 de setembro. A marcha terá saída ás 19:30h. dende o inicio do carril bici no paseo do Malecón, rematando na praza do Concello onde haberá agasallos para os participantes, sorteos e xogos inchables.

Por outra banda, dentro do sorteo de agasallos da campaña “usa a bici” farase entrega dun premio entre os novos usuarios do sistema de préstamo de bicicletas (altas de setembro de 2013 a setembro de 2014), e tamén entre os usuarios efectivos do sistema con máis de 10 usos de bicicleta no mesmo período.

O programa desta Semana Europea da Mobilidade no Barco presentábase en rolda de prensa na mañá do 16 de setembro, coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García, e do concelleiro de Medio Ambiente, Aurentino Alonso. Antes da bicicletada organizarase o día 17 de setembro un parque de educación viaria no Malecón (zona José Otero), cun horario de 18:30h. a 20:30h. para nenos de 8 a 12 anos, que poderán participar coa súa bicicleta e casco.

Dentro das medidas permanentes do programa, o Concello planea a creación de plans de mobilidade cidadá a pé e en bicicleta entre as zonas do concello e o hospital, os colexios e a casa do Concello. O programa inclúe asemade un xogo educativo para os centros escolares chamado “Papanatas move as túas patas”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button