Máis da metade das operacións que se fan na provincia non precisan hospitalización

No caso do Hospital Comarcal de Valdeorras foron un total 1.672, sendo o segundo da provincia con maior volume deste tipo de intervencións de cirurxía maior ambulatoria, tras o CHUO

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos Asensio.

Máis da metade dos ourensáns operados o pasado ano, nalgún dos tres hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde na provincia, poideron voltar ao seu domicilio no mesmo día da intervención, sen necesidade de ingresar. Este dato, segundo o Sergas, confirma a tendenza crecente da cirurxía maior ambulatoria e das técnicas mínimamente invasivas, que en Ourense supoñen xa o 54% de toda a actividade cirúrxica rexistrada.

Esta porcentaxe vén a representar un total de 12.935 intervencións, do total de 23.787 realizadas en 2018, “cirurxías todas elas que, hai tan só uns anos, levaban parello un ingreso hospitalario de varios días ou incluso semanas. Isto é debido ao avance técnico e tecnolóxico, coa extensión e progresivo incremento de intervencións e técnicas laparoscópicas ou endoscópicas, nas que os profesionais do Hospital Universitario de Ourense e os comarcais de Valdeorras e Verín contan con ampla experiencia”, segundo a Xerencia de Xestión Integrada ourensá.

Por hospitais, o maior volume deste tipo de intervencións sen ingreso realizáronse no Hospital Universitario de Ourense, 9.801, que acadou o pasado ano o 76% das intervencións ambulatorias realizadas, seguido do Comarcal de Valdeorras, con 1.672, e Verín, con 1.463, o que representa respectivamente o 13 e o 11% do total provincial.

Oftalmoloxía encabeza a cirurxía ambulatoria por servizos

O servizo que máis emprega este tipo de abordaxe é o de oftalmoloxía, que desde hai anos realiza a totalidade da súa ampa actividade cirúrxica, 6.579 intervencións anuais o pasado ano, directamente sen ingreso, o que supón case a metade, o 47%, de todas as realizadas por esta vía, seguido de Dermatoloxía con 1.750, o 12% do total.

Esta tendenza crecente é especialmente significativa en especialidades cirúrxicas tradicionais como Uroloxía, Cirurxía Xeral, Traumatoloxía ou Xinecoloxía, que aumentan de ano en ano as intervencións realizadas por esta vía, en áreas que tradicionalmente comportaban unha lenta recuperación postoperatoria e ingreso prolongado.

Así, no caso do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, especialidade historicamente troncal da cirurxía, súa actividade ambulatoria a sitúa como cuarto servizo en número de intervencións sen ingreso realizadas, con 1.181, aplicándose a operacións de vesícula, hernia abdominal e inguinal, cirurxía de mama e proctolóxica.

Nesta especialidade, tamén hai que destacar un número, ainda maior de intervencións, que se veñen realizando habitualmente mediante técnicas minimamente invasivas, e que tan só precisan dun ou dous días de ingreso, fronte a maior estanza da cirurxía clasica ou aberta.

Uroloxía ocupa pola súa banda o terceiro posto en canto a volumen de pacientes operados sen necesidade de permanecer no hospital. Tan só pasado ano, realizaron 1.456 intervencións por esta vía, que se utilíza especialmente en biopsias de próstata, hidrocele e varicocele, reseción de ril ou técnicas de resposta a problemas de incontinencia urinaria.

En Traumatoloxía, con 636 intervencións ambulatorias realizadas, o uso da artroscopia crece de día en día, sendo un estandar non só xa como proba diagnóstica de problemas articulares, senón tamén para dar unha solución terapeútica, ou curativa, destes, posibilitando realizar intervencións cirúrxicas no interior da articulación, tan só realizando unhas pequenas incisións de centímetros.

“Tendo en conta as vantaxes para o paciente, redución do tempo de recuperación e menor estanza hospitalaria, tamén o resto de especialidades cirúrxicas ofertan estas vías de intervención, presentes en Xinecoloxía, Cirurxía Vascular, Otorrinolariongoloxía, Neurocirurxía, Maxilofacial e Cirurxía Pediátrica”, destacan dende o Sergas.

Os beneficios deste tipo de técnicas, que cada día poden ser empregadas en circunstancias clínicas mais complexas, e nun maior número de pacientes, fan que, súa potenciación e incremento, sexa un obxectivo asistencial estratéxico da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras para 2019. No que esta previsto acometer melloras estruturais nas áreas de Cirurxía Maior Ambulatoria dos tres hospitais públicos de Ourense.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies