CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Máis da metade dos que estudan a FP de Hostalaría en Galicia atopan traballo

 

Foto de grupo dos estudantes do IES Vilamarín con Román Rodríguez.

O IES de Vilamarín acolleu onte, 27 de abril, a primeira das xornadas ‘Formados e Profesionais. FP Hostalería”, que se levará a cabo nos oito centros que integran á Rede Galega de FP de Hostalaría, e que ten como principal finalidade dar a coñecer o traballo desenvolto por docentes e alumnado no eido desas ensinanzas, mediante as oportunidades que ofrecen as novas canles informativas como a internet e os blogs especializados.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou onte este centro, onde ao longo de toda a mañá tiveron lugar unha serie de relatorios, mesas redondas e demostracións de cociña e de aloxamento, que congregou a blogueiros, medios especializados no ámbito da restauración e medios convencionais.

O conselleiro subliñou a aposta do Goberno galego “por unhas ensinanzas de calidade, con profesionais cualificados e con capacidade de inserirse no mundo laboral”. Segundo datos aportados pola Xunta, a inserción medida da familia de Hostalaría e turismo no 73,2%; mentres que nos ciclos de cociña e gastronomía acada o 71,1%, o 81% en Dirección de cociña, case o 82% nos Servizos en restauración, e do 100% en Dirección de servizos en restauración.

Román Rodríguez destacou o carácter innovador desta iniciativa que se pon en marcha da man da Administración e dos propios centros de FP de Hostalería co obxectivo de mostrar e divulgar o nivel de calidade e a esixencia formativa que hai detrás das ensinanzas de Formación Profesional da familia da Hostalaría e Turismo, con centros que son referentes a nivel internacional.

Para Román Rodríguez, as ensinanzas de FP de Hostalaría en Galicia “son un sinónimo de excelencia que hai que seguir mantendo, e na que xogan un papel fundamental os docentes a través da súa implicación; así como os propios alumnos, que están contribuíndo a dignificar a profesión”, dixo.

O conselleiro, xunto co director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; entre outros, tiveron a ocasión de degustar un aperitivo e un xantar deseñado e elaborado polo alumnado do centro.

O Conselleiro destacou a aposta da Xunta polo ensino de FP superior.

Artigos relacionados

Back to top button