En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 1.000 persoas fan o “Camiño das Covas” do Castro (O Barco)

A organización correu por conta da Agrupación de Adegueiros do Castro en colaboración coa Concellería de Turismo

As adegas da vila do Castro, acollían na tarde-noite do sábado 2 de xullo a celebración da XI edición do “Camiño das Covas” á que asistían máis de 1.000 adultos (sen contar aos nenos que este ano tamén tiñan entrada).

Como en edición anteriores, a ruta co viño e a comida como protagonistas arrancaba en torno ás sete da tarde no posto de venda de tazas, coa concelleira de Turismo e Comercio do Barco, Irene Dacal en primeira fila. A partires de aí, taza en man, os festerios enfiaban un festivo percorrido polas oito adegas participantes. En cada unha, ademais de viño branco e tinto, esperaban as viandas de todo tipo (embutido, empanada, queixo,…). E entre adega e adega, o grupo de gaitas Os Palletas de Quiroga era o encargado de poñer o punto musical, animando o ambiente festivo.

Ao redor das once da noite, as adegas comezaban a pechar as súas portas trasladando a festa ata a praza da vila, onde tiña lugar a actuación do grupo valdeorrés Los Brothers.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button