OurenseÚltima hora

Máis de 1.100 atletas participarán este domingo na carreira do Vinteún, en Ourense

A saída das diferentes categorías producirase entre as 12 e as 12:30 horas dende a rúa Madre Soledad
Participantes na anterior edición da carreira do Vinteún, en Ourense.

Un total de 1.108 persoas participarán este domingo na primeira proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que terá lugar a partires das 12 horas polas rúas do barrio do Vinteún. Así o confirman os datos da organización tras o peche, o pasado mércores, das inscricións para participar na primeira das carreiras que percorrerán seis barrios da cidade entre abril e outubro.

O maior número de participantes (598) están inscritos na categoría absoluta cuxa saída está prevista para as 12:30h. e percorrerá unha distancia de 6 km. Na categoría de pitufos están apuntados un total de 252 participantes, que comezarán a súa carreira ás 12h. A distancia que percorrerán é de 100 metros.

Nas categorías de benxamín (sub 10) e de alevín (sub 12) están inscritas 176 persoas que realizarán un traxecto de 1.500 metros e que terán a saída ás 12:05horas.

En Infantil (sub 14) e cadete (sub 16) están apuntados 75 atletas que percorrerán 2.400 metros a partires das 12:15 horas. E na categoría xuvenil (sub 18) están apuntadas sete persoas que percorrerán 6.000 metros dende as 12:30 horas.

A saída estará situada na rúa Madre Soledad e o circuíto completo percorrerá a rúa Madre Soledad, avenida de Santiago, rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, avenida de Santiago, rúa do Vinteún, Río Corzos e remata no punto de saída na rúa Madre Soledad.

 

Artigos relacionados

Back to top button