OurenseÚltima hora

Máis de 1.100 inscritos na San Silvestre coa que Ourense despedirá o ano

A carreira celebrarase o 31 de decembro con saída e meta no Xardín do Posío

A III edición da Carreira da San Silvestre, que terá lugar o 31 de decembro polas rúas da cidade, acada este ano cifras récord de inscrición, cun total de 1.112 atletas inscritos. Unha cifra que supera amplamente o número de participantes das dúas edicións anteriores: a celebrada en 2016, que contou con 881 persoas, e a de 2017, cando foron 896.

A saída e meta da proba estarán no Xardín do Posío. Na categoría absoluta o circuíto será de 5 quilómetros e percorrerá rúas do centro histórico da cidade: Padre Feijóo, Colón, Praza Maior, Barreira, As Burgas, Desengano, Avenida de Pontevedra, Rúa Lamas Carvajal, Paseo, Concordia, Santo Domingo, Praza do Ferro, Fornos, Unión, Praza do Trigo, Hernán Cortés, Prieto Nespereira e Lugo, para rematar de novo no Xardín do Posío.

 

Artigos relacionados

Back to top button