EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Máis de 1.200 persoas percorren o 14º Camiño das Covas do Castro

Un total de oito adegas abrían nesta celebración barquense ofrecendo viños e diversos petiscos ao ritmo da música

O tempo axudaba e o 14º Camiño das Covas do Castro (O Barco) volvía a rexistros de anos anteriores, superando o baixón da edición do 2018 (debido ao frío e á chuvia). Entre 1.200 e 1.300 persoas, segundo a organización, desfrutaban desta celebración que comezaba ás 19h. do sábado 29 de xuño coa apertura dun total de oito covas.

 

 

Soaba tamén a música da Charanga Nova Terra de Trives, mentres multitude de participantes, cunca en man, iniciaba un ir e vir polas diversas covas para probar os seus viños e para degustar os diversos petiscos que os acompañaban: empanandas, tortilla de patacas, paella, embutidos, queixo…

 

 

A partires das once da noite as adegas ían pechando as súas portas e a festa traslábase á zona da praza, onde comezaba o concerto de La Banda de Mazinger, que facía bailar e cantar aos presentes ata ben entrada a madrugada.

Este 14º Camiño das Covas ten sido organizado pola Agrupación de Bodegueiros do Castro en colaboración co Concello do Barco.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button