EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 1.400 persoas, de festa polas adegas de Oval (Rubiá)

A celebrada na tarde-noite do 19 de agosto, foi a edición máis numerosa da Convivencia

De adega en adega, cunca en man. Comendo, bebendo e bailando. Máis de 1.400 persoas participaban na tarde-noite do 19 de agosto, na IX Convivencia nas Adegas de Oval (concello de Rubiá). A edición máis numerosa ata o momento, segundo a organización. “Saíu todo moi ben e veu moitísima xente, das 1.400 tazas que tiñamos quedáronnos 10 pero pola noite viñeron moitísimos máis”, asegura Sergio.

En total foron 13 as adegas do pobo que abriron as suas portas nesta ruta vinícola e gastronómica na que non faltou unha gran variedade de pinchos e as tradicionais roscas (e tamén bica) para endozar os padares, xa de noite.

Segundo explica Sergio, a festa durou boa parte da noite e da madrugada, baixando o pano da discoteca móbil A Boa Festa en torno ás seis da mañá. Entre os festeiros, xente de diferentes idades e de moitos lugares, da contorna e tamén de Ponferrada, entre outros.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button