EconomíaEconomíaOurenseÚltima hora

Máis de 10.000 visitantes na Mostra da Oportunidade de Ourense

O sector textil, e en especial as prendas infantís e o material deportivo, ten sido o sector máis demandado polo público
Panorámica da mostra, celebrada en Expourense.
Panorámica da mostra, celebrada en Expourense.

Durante tres días, do 7 ao 9 de marzo, a 21ª Mostra de Oportunidade, celebrada en Expourense, converteuse nun dinamizador das vendas dos esteblecementos comerciais da provincia grazas á presenza, de forma associada, de distintos centros comerciais como o de Ourense Centro, o Couto, Allariz e a Asociación de Comerciantes do Moble de Ourense, que repetiron a experiencia doutros anos e o de Maceda, que acudiu por primeira vez.

Segundo as estimacións da organización, foron máis de 10.000 os visitantes que aproveitaron os mellores prezos en milleiros de artigos que ofrecían descontos de ata o 70%, ofertas como 2×1, 3×1 ou sen IVE. Esta Mostra, certame decano das feiras multisectoriais e de descontos en Galicia, converteuse así na pasada fin de semana nunha cita para toda a familia á que contribuíu a zona de lecer pola que pasaron centos de nenos.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button