EconomíaEconomíaÚltima hora

Máis de 100.000 persoas, na campaña invernal da Estación de Montaña de Manzaneda

Ademais a facturación global desta tempada incrementouse respecto ao ano pasado en máis dun 130%, aumentando en todos os departamentos da Estación
Esquiadores durante esta tempada invernal na Estación de Montaña de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

Balance positivo da campaña invernal na Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda. Máis de 25.500 forfaits de esquiadores vendidos, que sumados a aproximadamente 82.000 visitantes, suman unha cifra que supera as 100.000 persoas. Un total de visitantes (dos cales o 80% eran españois e o 20% restante estranxeiros, principalmente portugueses) que se desprazaban á única estación de montaña galega para desfrutar dos seus servizos.

“Como valoración final pódese cualificar a campaña de boa en termos xerais. Se ben empezou o día 12 de xaneiro, as abundantes precipitacións en forma de neve permitiron que estivera aberta para a práctica do esquí e snowboard durante 69 días, con todas as pistas abertas na súa maioría. A nota predominante este ano foron os fortes ventos que obrigaron, por motivos de seguridade, a pechar as instalacións ata en 14 ocasións”, aseguran dende a Estación de Montaña de Manzaneda.

Ademais, a facturación global desta tempada invernal incrementouse respecto ao ano pasado en “máis dun 130%, aumentando en todos os departamentos. O maior crecemento osténtao a venda de forfaits con más dun 250% de incremento. En canto a grupos, a facturación superou os 300.000 euros, un aumento do 80% respecto ao ano pasado, cunha acollida moi importante de colexios que realizaron as súas semanas brancas na Estación e as campañas “EsquiOU 2018” da Deputación de Ourense e a “Campaña de Inverno 2018” da Deputación da Coruña”, aseguran dende Oca Nova Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button