ConcellosÚltima hora

Máis de 115.000 euros para a reforma e acondicionamento da rúa Maior na Gudiña

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, vén de firmar un acordo co alcalde do municipio ourensán, José María Lago

O deterioro do pavimento e o levantamento en varios tramos nunha das vías principais do concello da Gudiña, que vai desde a praza maior ata o cruce coa estrada OU-533 (punto de paso do Camiño de Santiago, moi transitado por peregrinos), fan necesarias obras. Por iso, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, vén de asinar co alcalde da Gudiña, José María Lago Cabo, o convenio de colaboración para a reforma e acondicionamento da rúa Maior, cun investimento total superior aos 115.000 euros.

En virtude dese acordo, o Goberno galego achegará un total de 60.000 euros, asumindo o Concello da Gudiña a responsabilidade da execución das obras que inclúen traballos previos e de demolición, destacando o levantamento de lousas de pizarra e picado do material de agarre adherido á superficie con medios manuais, xa que se pretende recuperar o 25% do material para a súa posterior reutilización. Ademais, colocarase pavimento de lousas de granito para delimitar o pavimento de adoquín no cruce da rúa Maior coa rúa Feliciano Pérez.

 

Artigos relacionados

Back to top button