ConcellosÚltima hora

Máis de 120 coches Mercedes visitarán este sábado O Carballiño

A X Concentración do Club W123 fai agotar as reservas hoteleiras da vila
Dacal e Pena, durante a presentación da concentración automobilística.
Dacal e Pena, durante a presentación da concentración automobilística.

O Carballiño vivirá esta fin de semana unhas xornadas intensas en canto a actividade de visitantes. Á celebración do Xtremo Mesego, que atraerá a un cento de pilotos dos cales a maioría proceden de fóra de Galicia, súmase tamén a X Concentración do Club W123 de Mercedes. A iniciativa xuntará máis de 120 coches da marca alemá procedentes de diversos puntos da xeografía española. Neste contexto, o edil de Turismo do Concello, Xosé Manuel Dacal, asegurou que se agotaron as reservas hoteleiras na vila.

120 automóbiles e 250 persoas, entre pilotos e acompañantes. Esas son as cifras que rexistrará O Carballiño coa X Concentración de Mercedes W123. Os visitantes virán de Canarias, Baleares, Cataluña, Aragón, Euskadi, Andalucía, Valencia e Ceuta. A presentación do evento tivo lugar na Praza Maior da localidade ourensá, da man de Jorge Pena, membro do clube organizador, e Dacal. Esta é a terceira edición nacional que se celebra no Carballiño.

A cita comezará ás 9 horas do sábado 1 de outubro na Praza da Veracruz. Alí reuniranse os vehículos participantes. Sobre as 11 horas, a caravana desprazarase até o Museo Estanislao Reverter en Santa Cruz de Arrabaldo. Posteriormente, voltará ao Carballiño, onde percorrerá distintas rúas da vila antes de dirixirse ao parque, á Pena dos Namorados e ao centro hosteleiro Isis Faria, onde terá lugar un xantar de confraternización. Os participantes degustarán un menú protagonizado polo prato estrela da vila, o pulpo á feira. Ao remate, será a entrega de trofeos.

Artigos relacionados

Back to top button