DeportesÚltima hora

Máis de 120 deportistas participarán este domingo no I Tríatlon Olímpico de Castrelo de Miño

A proba, organizada polo Club Corredores do Miño, celebrarase nas inmediacións do parque náutico
Presentación do I triatlon olímpico en Castrelo do Miño.

O parque náutico de Castrelo do Miño acollerá este domingo 8 de xullo, o I Tríatlon Olímpico organizado polo club de atletismo Corredores do Miño coa colaboración do Concello.

A proba constará dun circuíto de 1.500 metros a realizar nadando nas augas do encotro, 40 km en bicicleta polas estradas do municipio e outros 10km correndo. Tratase dun circuíto moi técnico e rápido que estará totalmente pechado ao tráfico, entre os lugares de Troncoso e A Ponte (estrada OU-402 ao seu paso por Castrelo), de 9:15 a 12:15 horas.

A falta de catro días xa estaban inscritos máis de 120 participantes “un éxito, dada a dureza da proba na súa primeira edición”, aseguran dende o Concello de Castrelo de Miño.

 

Cartel do tríatlon.

Artigos relacionados

Back to top button