Publicidade
DeportesÚltima hora

Máis de 120 inscritos no 4º Gran Premio de Montaña e Andaina Galitiming da Rúa

A triple proba (trail, mini trail e andaina) comezará ás 9:15h. deste domingo 29 de setembro dende a praza de Fontei

 

O Club Atletismo Rúa teno xa todo preparado para celebrar a 4ª edición da súa proba máis esperada: o Gran Premio de Montaña e Andaina Galitiming previsto para este domingo 29 de setembro con tres modalidades: o trail de 33 km, o mini trail de 15 e a andaina accesible para todo o mundo, de 13.

A gran novidade deste ano é que a saída e a meta estarán situadas na praza Enriqueta Casanova, en Fontei, e os primeiros en saír ás 9:15 horas serán os participantes no trail longo. Ás 9:30h. sairán os participantes na andaina e os últimos, ás 10h. serán os do trail curto. A hora prevista de finalización son as 14h.

Outra das novidades desta 4ª edición, que contará coa presenza de Esther Hernández “Pakitatrail”, a primeira muller na Transgrancanaria 360º 2019, é a inclusión dun tramo do percorrido do trail de 33 km. polo “Pico do Pote, en Roblido, con vistas espectaculares sobre o Sil, adiantan dende a organización, destacando que se trata dunha proba que pretenden potenciar “para poñer en valor os aspectos paisaxísticos e naturais do concello da Rúa”.

A presentación da proba tiña lugar na mañá do 27 de setembro no Salón de Plenos do Concello da Rúa, contando coa presenza da segunda tenente de alcalde Joana Gómez, do Concelleiro de Cultura e Deportes José Vicente Solarate e de dous membros do Atletismo Rúa, o presidende Fernando Navarro e Iván Dosantos, quenes avanzaban que contan xa con máis de 120 inscritos.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close