EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 120 persoas asisten á cea do XXX aniversario de Abertal, na Rúa

Un día despois do concerto “Seis lustros, co noso acento”, membros, familiares e veciños xuntábanse de novo no recinto da Baco Festa

Despois dunha noite de emocións, reencontros e moita música, Abertal completaba os actos do seu XXX aniversario cunha cea á que asistían máis de 120 persoas.

Membros da agrupación (actuais e antigos, entre eles Montse Rivera de Leilía, quen fora mestra de baile durante anos), familiares e amigos, compartían na noite do 9 de agosto unha comida servida por Mantesil. En pleno recinto da Baco Festa, que abría as portas na tarde de onte, trala cea algúns dos asistentes arrancaban a cantar e bailar, montando unha boa festa ata altas horas da madrugada.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button