OurenseÚltima hora

Máis de 13.000 visitantes na 23ª Mostra da Oportunidade

O certame pechaba as súas portas na tarde do 6 de marzo no recinto de Expourense tras tres días de intensa actividade
Panorámica da Mostra da Oportunidade en Expourense.
Panorámica da Mostra da Oportunidade en Expourense.

“Gran calidade e variedade dos produtos ofrecidos, fidelidade do público, gran liquidación de stocks de tempada por parte dos expositores e o sector con máis éxito, o téxtil”. É o positivo balance que se fai dende Expourense nada máis pechar as portas da 23ª edición da Mostra da Oportunidade, que se desenvolvía do do 4 ao 6 de marzo.

A organización estima que neses tres días máis de 13.000 visitantes pasaron pola mostra, “que se converteu nun dinamizador das vendas dos establecementos da provincia grazas á presenza, de forma asociada, de distintos centros comerciais como o de Ourense Centro, o Couto, Allariz e das asociacións AGAECA de A Valenzá e Ourense Norte que participaron por primeira vez”.

Numeroso público percorría esta mostra ourensá.
Numeroso público percorría esta mostra ourensá.

O público topábase cos mellores prezos en milleiros de artigos que ofrecían descontos que partiron dende o 30 ata o 70%, ofertas como 2×1 ou sen IVE. Percorrendo os expositores podía verse unha ampla oferta en moda, calzado e complementos para toda a familia, mascotas incluídas. Asemade esta cita convertíase nunha boa oportunidade para prepararse para a tempada de vodas, bautizos, comuñóns e outros eventos.

Artigos relacionados

Back to top button