ConcellosÚltima hora

Informan aos colectivos de mulleres de Ourense do novo Programa Emega

Igualdade destina máis de 1,3 millóns de euros para o fomento do emprendemento feminino

DSC_7978 OK

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantiveron esta mañá unha reunión coas persoas responsables das asociacións de mulleres, asociacións de empresarias e dos Centros de Información á Muller (CIM) da provincia co obxectivo de dar a coñecer a nova convocatoria de axudas do Programa Emega, que este ano destina máis de 1,3 millóns de euros ao fomento do emprendemento feminino.

Segundo informaron, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes, contando a partir da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), do pasado 1 de xullo. A formalización da petición poderase realizar por vía electrónica, a través do formulario que se pode atopar na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.es.

Artigos relacionados

Back to top button