ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 160 persoas participan nunha colorida e animada Volta Ecolóxica

Esta orixinal iniciativa enmárcase nas Festas de San Roque na Rúa Vella

Cada ano vai a máis. A Volta Ecolóxica é unha das actividades máis esperada do programa das Festas de San Roque que se están a celebrar na Rúa Vella, e cada ano sorprende máis.

Esta iniciativa orixinal iniciativa nacía hai décadas como protesta contra os desastres medioambientais e os maltratos ecolóxicos e hoxe mantense, ademais, como unha divertida actividade familiar na que os pais, tíos e mesmo avós, acompañan aos nenos en engalanadas bicicletas, percorrendo con todo tipo de disfraces, boa parte da Rúa Vella.

Así, na tarde do 17 de agosto, máis de 167 persoas de todas as idades, saían en bicicleta dende a praza César Conti ata completar o vistoso percorrido no campo de San Roque. Entre os disfraces, coma sempre había un pouco de todo, dende piratas, trogloditas, circo ou princesas de Disney, ata góticas, monxas, flores, avellas e mesmo o reparto de Verano Azul. A imaxinación elevada á súa máxima exponencia.

Ao final da volta, xa no campo da festa, entregábanse os premios. O Cazafantasmas Manichi levaba o mellor disfraz individual; o Mini Cazador Gabriel o máis ecolóxico; Los Trogloditas, con 22 participantes, levaban o segundo premio á mellor comparsa; e Os Piratas da Peneda, con 11 membros, alzábanse co primeiro premio.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close