OurenseÚltima hora

Máis de 170.000 euros para obras de humanización e reforzo na seguridade nunha travesía de Cenlle

A conselleira de Infraestructuras e Mobilidade e o alcalde asinaron hoxe un convenio de colaboración

 

O alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez e a conselleira de Infraestruturas e Movilidad, Ethel Vázquez asinaron hoxe un convenio de colaboración para impulsar a humanización e o reforzo da seguridade na travesía de Trasariz, que supoñerá un investimento autonómico de máis de 170.000 euros.

Ao final do acto de firma do documento, no que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, a titular de Infraestruturas da Xunta puxo en valor esta cooperación para “facer máis humana, mellor adaptada á mobilidade peonil, esta travesía de titularidade autonómica, de preto de 450 metros de lonxitude, que conecta un treito antigo da N-120 co núcleo de Trasariz”. A conselleira sinalou que a suma de esforzos da Xunta e o Concello permitirá construír unha senda para favorecer o tránsito seguro dos veciños de Cenlle, á vez que se mellorará a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida e contribuirase a humanizar o contorno da Casa do Concello.

O convenio asinado hoxe recolle os traballos necesarios para a execución dese itinerario peonil, nesta travesía que non dispón actualmente de beirarrúas nin delimitación de carrís, pero conta cun ancho suficiente para poder construír esa senda. As actuacións proxectadas permitirán “a execución dunha senda pavimentada e con bordillo de formigón a ambos os dous lados, como separación co propio pavimento da travesía”. Os traballos inclúen a instalación de tubos e sumidoiros para lograr a correcta drenaxe de escorréntaa superficial e, tamén, xunto ao edificio do Concello, a execución dun muro de contención co fin de lograr un maior espazo para dar cabida á senda. Ademais, renovarase a sinalización vertical e horizontal ao longo da travesía.

A Xunta asume o custo da execución destas actuacións mentres que o Concello comprométese a redactar o proxecto e a contratar e executar as obras. A entidade local asumirá, ademais, a titularidade da travesía de Trasariz, para o que desde o departamento que dirixe Ethel Vázquez está a tramitarse o correspondente decreto de cambio de titularidade.

Artigos relacionados

Back to top button