AletismoDeportesÚltima hora

Máis de 200 atletas daranse cita na VII edición do “Ourense Termal Athletics Meeting”

O campionato celebrarase o sábado, 8 de maio, a partir das 18 horas na pista de atletismo do campus universitario

Presentación do Ourense Termal Athletics Meeting 2021.

 

A pista de atletismo do campus universitario reunirá este sábado, día 8 de maio, a máis de 200 atletas na VII edición do Ourense Termal Athletics Meeting, competición de ámbito nacional incluída no calendario da Real Federación Española de Atletismo. “Unha gran oportunidade para difundir a través do deporte a imaxe de Ourense como un destino turístico termal, seguro e de calidade”, dixo o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na presentación deste campionato, que conta coa colaboración da institución provincial e do Inorde.

No acto tamén estaban presentes a vicerreitora do campus ourensán, María Esther de Blas; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o xefe de servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o coordinador da proba, Eladio Gómez; e o asesor de deportes da Deputación, Bernardino González.

No Ourense Termal Athletics Meeting, que dá inicio ao circuíto nacional xunto cos encontros de Ibiza e Zaragoza, participarán deportistas de gran proxección, mesmo algúns deles de nivel internacional, que acoden a esta proba para mellorar as súas marcas. Este é un dos obxectivos que se marca a organización, integrada por un equipo de trinta persoas e que fixo un importante esforzo para que a proba, que comezará ás 18 horas, se desenvolva baixo as medidas establecidas nos protocolos de prevención fronte á COVID-19.

Artigos relacionados

Back to top button