DeportesÚltima hora

Máis de 200 atletas na 1ª Xornada de marcas Xogade Valdeorras ao aire libre

 

Volve a competición de atletismo base ás pistas de atletismo de Calabagueiros (O Barco). Rozando as dez da mañá deste sábado poñíase en marcha a 1ª Xornada de marcas Xogade Valdeorras ao aire libre. Esta proba, promovida polo Club Adas en colaboración coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo, reunía a máis de 200 atletas de clubes como o Adas Cupa, as Escolas Deportivas de Trives ou o CEIP Bibei de Viana do Bolo, ademais de a outros chegados doutros puntos da provincia como era o caso dos do Ourense Atletismo.

O programa deportivo encetábase co lanzamento de martelo (2,3, 4 quilos), logo continuaba cos 80 mv, salto de altura, 50 ml, lanzamento de pelota, 80 ml, salto de altura, 60 ml, 150 ml, lanzamento de disco, e, xa na recta final, coas carreiras de 1.000 ml e 500 ml. Había atletas das categorías Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16.

Numeroso público seguía dende as bancadas as competicións, animando tamén aos atletas. Ademais establecíase unha zona de quecemento para que os participantes puidesen prepararse antes de cada proba.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button