ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 200 persoas asisten á pancetada que abre as festas patronais en Larouco

O programa estenderase ata o domingo coa procesión na honra á Virxe dos Remedios ás 13h. e a orquestra Fin de Siglo en sesión de tarde e verbena

Dende hoxe e ata o domingo, Larouco está en festas. Festas patronais na honra á Virxe dos Remedios que se abrían esta tarde cunha gran pancetada que reunía na explanada da Cooperativa, a máis de 200 persoas (os veciños comían de balde e os de fóra pagaban un prezo simbólico pola ración). Esta noite a música corre por conta da discoteca móbil Impacto.

O programa continúa mañá, sábado 7 de setembro, cunha serie de actividades para todos os públicos. Pola mañá, ás 9:30h. celebrarase un torneo de petanca e pola tarde haberá campionato de tute no Bar Irene (16:30h.), xogos infantís (17:30h.) e un torneo de fútbol (19h.). Ese día celebrarase unha misa polos difuntos (19:30h.) e o baile estará amenizado pola orquestra Marbella, que actuará en sesión de tarde a partir das 21h. e tamén verbena, xa de madrugada.

Así chegaremos ao domingo 8 de setembro, cun pasarrúas de boa mañá a cargo da charanga CLK que anunciará a chegada do día grande das festas. O acto central, a procesión coa imaxe da Virxe dos Remedios comezará á unha da tarde acompañada musicalmente polo grupo de gaitas de Abertal, e de seguido celebrarase a eucaristía na igrexa parroquial. O broche musical ás festa poráo a orquestra Fin de Siglo, con dous pases, un pola tarde-noite a partir das 21h. e outro en sesión verbena a partir da unha da madrugada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button