ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 200 persoas asisten á xuntanza popular de Vilela (A Rúa)

A cea, co polbo e os cachelos como prato estrela, enmárcase no programa das festas na honra á Virxe do Carme

A localidade ruesa de Vilela está en festas e, rante toda a fin de semana, os veciños e visitantes poden desfrutar do programa organizado pola Asociación de Veciños de Vilela. Un programa que inclúe música, cultos e unha nova edición da xuntanza popular que na tarde-noite do 15 de xullo reunía a numerosas persoas en torno ao polbo con cachelos.

Fieis á cita, máis de duascentas persoas asistían á cea que remataba coa actuación do Trío Expresion que amenizaba a sesión verbena.

A festa continúa mañá, domingo 16 de xullo, cun pasarrúas a cargo da charanga Fuego, misa e procesión (13:15h.), un campionato de tute e baile de tarde a cargo do Dúo de Fiesta.

Fotos: Mónica G.Bellver

Artigos relacionados

Back to top button
Close