DeportesÚltima hora

Máis de 230 ciclistas daranse cita na IV Ruta BTT Parada de Sil esta fin de semana

A marcha será o vindeiro domingo 24 de setembro con saída ás 8:30h. dende a Fábrica da Luz
Cartel da IV Ruta BTT Parada de Sil.

O concello de Parada de Sil acollerá un novo evento deportivo a vindeira fin de semana. Organizada pola empresa ourensá Rutas de Ourense e A Fábrica da Luz co patrocinio do Concello, o domingo 24 de setembro celebrase a cuarta edición da marcha de BTT que xa conta con 230 inscritos, superando amplamente os 190 do ano pasado.

A carreira sairá da Fábrica da Luz ás 8:30h. e terá dous percorridos: unha ruta curta de 35 qms e outra longa de 50, nas que as persoas participantes “poderán desfrutar das cores outonais de viñedos e castiñeiros así como das dúas zonas paisaxísticas diferentes, de montaña e ribeira”, explican dende o Concello da Ribeira Sacra.

A proba rematará cunha comida na Fábrica da Luz abonando un suplemento de 8 euros e a entrega de premios a participantes. Ademais, a organización ofrece seguros para os participantes, lavado de bicicletas, duchas e vestiarios, así como avituallamento en catro postos, contando asemade cunha ambulancia medicalizada e voluntarios de protección civil en todos os cruces nos que sexa necesario.

Artigos relacionados

Back to top button