CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Máis de 260 nenos da provincia reciben apoio lúdico-educativo de Cruz Vermella

O proxecto “Apoio á infancia no entorno rural” desenvolveuse neste ano nas asembleas comarcais

Unha das actividades lúdicas organizadas este verán no Barco de Valdeorras.

 

O Covid 19 obrigou ao voluntariado de Cruz Vermella a reinventarse e adaptar o apoio que viñan prestando a máis de 260 nenos da contorna rural da provincia de Ourense con necesidades de tipo socio-educativas.

O proxecto de “Apoio á infancia na contorna rural” caracterízase pola súa descentralización, co obxectivo de “intervir desde a proximidade cos nenos e nenas”, explican dende Cruz Vermella Ourense. Así, reforzouse a súa aprendizaxe de tipo educativo co apoio na realización de tarefas escolares, o acceso ao lecer e a promoción de hábitos sociais e saudables de forma presencial ata o mes de marzo. “Posteriormente no momento no que se decretou o estado de alarma, realizouse seguimento por vía telefónica, a través de vídeo-chamadas ou vídeo-conferencias cando era posible, imprimindo e levando tarefas escolares a domicilio cando era necesario”, especifican.

Ademais, complementáronse tamén as dificultades de acceso ás posibles actividades de lecer, coa entrega de xogos e libros a domicilio nos casos nos que foi necesario, e ofreceuse un soporte integral ás súas familias tanto para o acompañamento educativo dos nenos/ as, como para a cobertura de necesidades básicas das familias.

En total, o proxecto foi levado a cabo grazas ao traballo de 7 monitores/ as e 105 persoas voluntarias, que realizaron 10.098 intervencións nun novo contexto de crise sanitaria e social.

Artigos relacionados

Back to top button