OurenseÚltima hora

Máis de 3.000 persoas na XXI Feira do Pemento de Oímbra

O protagonistas dsta Festa de Interese Turístico de Galicia, está amparado pola Indicación Xeográfica Protexida

Malia a polémica por utilizar as instalacións do Centro de Saúde municipal para a exhibición de produtos, no mediodía do 5 de agosto celebrábase a XXI edición da Feira do Pemento de Oímbra, unha Festa de Interese Turístico de Galicia, que reuniu a máis de 3.000 persoas para as cales se prepararon 1.000 quilos do produto estrela das hortas de Oímbra.

A xornada gastronómica, que presentou un completo programa de actividades, comezou ás 12 horas co tradicional concurso de pratos de cociña no que o pemento é o ingrediente principal e que dará froito a un novo recetario coas receitas participantes. O recetario presentado este ano reúne as 29 receitas que se presentaron ao concurso o ano pasado.

Ao longo da xornada estiveron instalados no recinto stands de produtos agrarios, de maquinaria agrícola e de artesanía, actividades gratuítas e xogos tradicionais tanto para nenos como para maiores, así como degustación gratuíta de pementos para todos os asistentes á celebración.

A música durante a xornada estivo amenizada pola charanga BCB de Celanova, e ás 14.00 horas, durante o xantar popular, a música correu a cargo de “DJNESS”. A programación continúa pola tarde coa actuación de Daniela Dicostas e Black Stereo.

Artigos relacionados

Back to top button