OurenseÚltima hora

Máis de 300.000 euros para programas de inclusión social e laboral de Cáritas de Ourense

Entre os servizos que presta a entidade destaca a axuda destinada á transición ao emprego ou os programas de alfabetización dixital

O director xeral de Inclusión Social coas responsables de Cáritas Ourense.

 

Durante a súa visita a Cáritas Diocesana de Ourense, onde coñeceu o seu comedor social e tamén o centro de formación, o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou a importancia destes centros nos que se levan a cabo programas que fomentan a inclusión social e laboral das persoas máis vulnerables, ratificando o compromiso da Xunta de Galicia con estas entidades á que a Xunta achegan máis de 300.000 euros.

Arturo Parrado aproveitou a visita para coñecer algunhas das actividades que se realizan no centro, como alfabetización dixital, actividades interculturais ou programas de emprego. E subliñou o importante labor que están a realizar nestes momentos tan difíciles as entidades que traballan na inclusión social e laboral de persoas que se encontran nunha situación de vulnerabilidade,

 

Visita a unha das salas de actividades de Cártitas Ourense.

 

Na última convocatoria de entidades 2020-2022, a Xunta de Galicia achegou unha axuda para diferentes programas desta asociación, como o comedor social, ao que se lle destinan 87.600 euros, e a súa reforma e equipamento, no que investiu 19.000 euros; os itinerarios de transición ao emprego, financiados con 78.000 euros; a alfabetización dixital, para a que achega máis de 16.000 euros; ou a compra de material informático, con máis de 5.000 euros.

Ademais da convocatoria de entidades, o Goberno galego achegou a través do 0,7% do IRPF case 2 millóns de euros en 2020 á agrupación constituída por Cáritas de Santiago, Ourense, Tui-Vigo e Mondoñedo-Ferrol, dos que a metade corresponden a programas de inclusión, e 423.000 son xestionados por Cáritas Diocesana de Ourense.

 

Visitando o comedor social.

 

O director xeral de Inclusión Social tamén lembrou as diferentes iniciativas que o Goberno galego puxo en marcha nos últimos meses para atallar ás necesidades máis acuciantes, entre as que salientou a Tarxeta Básica, unha axuda pioneira que ten como finalidade responder de xeito áxil ás necesidades das familias. De feito, a día de hoxe xa se concederon preto de 33.000 destas tarxetas para a compra de produtos básicos, das cales 2.434 están entregadas a persoas de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button