DeportesÚltima hora

Máis de 300 deportistas participarán no Campionato de España de Mushing Terra 2019, en Boborás

Será a terceira gran cita da tempada no calendario nacional e celebrarase os días 7 e 8 de decembro

 

A vindeira fin de semana, 7 e 8 de decembro, o concello ourensán de Boborás acollerá o campionato de España de Mushing Terra (carreira de trineos tirados por cans) co que colabora a Deputación de Ourense.

A proba, “que contribúe a dinamizar e promocionar o territorio a través desta actividade deportiva cada vez máis practicada”, segundo afirmou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, disputarase sobre tres percorridos de 5,7, 4,2 e 2,7 quilómetros, nas diferentes categorías, e contará con participantes de 11 comunidades autónomas, sendo Galicia o territorio que máis achega, cun total de 75. Un circuíto que en opinión dos expertos “é rápido e moi esixente”, pero que conforma unha proba “que terá unha gran repercusión social e económica no noso municipio e na contorna”.

 

Presentación do campionato de mushing na Deputación de Ourense.

 

O campionato disputarase nas diferentes modalidade de Patín, Carro, Bikejoring e Canicross, e arrancará o sábado ás 9h. coa saída do primeiro participante. Ademais, todo aquel que o desexe poderá seguir a competición en directo a través do servicio de streaming:

Streaming da primeira xornada: https://bit.ly/33IOyhb

Streaming da segunda xornada: https://bit.ly/2rNjD62

Artigos relacionados

Back to top button