ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 350 persoas asisten á I Festa do Botelo na Coruña

A I Festa do Botelo na Coruña resultou un verdadeiro éxito. “Foi espectacular” aseguraba o concelleiro de Cultura do Barco Eduardo Ojea “porque superáronse as expectativas”

Preto de 360 persoas asistían á exaltación do botelo e outros produtos de Valdeorras, que se celebraba no restaurante Mirador de San Pedro (A Coruña) organizada polo Concello do Barco, que daba un paso máis na promoción do produto gastronómico que comezaban hai 14 anos.

O obxectivo é que “o Botelo se coñeza en todas partes” por iso despois do éxito deste ano, a idea é continuar coa segunda edición para o ano que vén “aínda que terían que encargarse os propios restaurantes” di o alcalde do Barco Alfredo García, e seguir ampliando horizontes “podería ser en Vigo ou en Matosinhos (Portugal) segundo propuxeron dende o Eixo Atlántico”.

Texto: O Sil/Redacción A Coruña Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil de marzo páxs. 13 e 39).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button