EconomíaEconomíaÚltima hora

Máis de 4.000 persoas acoden a Celebra, en Expourense

O Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Eventos Sociais presentou as tendencias para a vindeira tempada
Un momento das pasarelas celebradas en Expourense.
Un momento das pasarelas celebradas en Expourense.

Expourense pechaba na tarde do domingo 30 de outubro a 17ª edición de Celebra, o Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Eventos Sociais, despois de recibir a visita de máis de 4.000 persoas. Durante esta pasada fin de semana, as 62 empresas expositoras que participaron no evento mostraron as últimas novidades e as tendencias de cara a vindeira tempada de eventos e celebracións familiares. O 80% dos participantes procedían do comercio da provincia.

Un dos puntos que máis afluencia conseguiu ter foron as pasarelas que se levaron a cabo a media tarde do sábado e do domingo. Sobre a alfombra vermella pasaron produtos e servizos das firmas Alvarino, Charo López, Chévere; Drácena, En Dos Detalles, Loyma, Magic Sotries, Nicandra, Noar Noivas, Paris Diffusion, Passion Novias e Amorín Ceremonias. Esta actividade estivo coordinada pola Axencia Luena.

Expourense volverá abrir as súas portas o vindeiro 4 de novembro, co Foro da Comunicación de Galicia e coa entrega dos Premios de Comunicación e do Marketing Galego.

Artigos relacionados

Back to top button