DeportesÚltima hora

Máis de 400 padexeiros na II Regata Galega de infantís, na Veiga

O mellor resultado valdeorrés na cita viña da man de Raúl Prada (Fluvial Barco), cunha terceira posición en K-1 alevín nos 1.500 metros

 

Participantes a punto de iniciar unha das probas da regata./ Foto: Fegapi.

 

Con piragüismo celebraba o Sábado Santo o concello valdeorrés da Veiga. A Praia dos Franceses-Encoro de Prada acollía a II Regata Galega de infantís na mañá do 15 de abril coa participación de máis de 400 padexeiros de diferentes puntos da comunidade.

Entre os participantes non faltaba unha representación valdeorresa da man do Fluvial Barco. O mellor resultado deste club viña da man de Raúl Prada Pérez, que quedaba terceiro en K-1 alevín A nos 1.500 metros.

 

Artigos relacionados

Back to top button